Desde a CUT transmitimos o noso apoio a Luis Bar, sindicalista de Frivipesca Chapela, delegado revogado tras unha manobra empresarial contra os intereses do conxunto de traballadoras e traballadores.

A bo seguro, o aspecto máis duro que conleva a senda sindical de clase, honesta e honrada, é atoparse no camiño coa ingratitude dos propios compañeiros e compañeiras.

Hoxe a asamblea de traballadores de Frivispesca Chapela, déulle as costas ao compañeiro Luís Bar Pérez, delegado sindical da CUT. A empresa, por fin conseguiu o que tanto anhelou, revogalo como representante dos traballadores e traballadoras. Tiña que estirpar o cancro que tanto lle molestaba. Como non podería ser menos, toda escoria de esquirois e lambecús con ou sen apelido sindical, prestouse decididamente a semellante manobra.

Ler máis...

Prensa

Desde o grupo de ensino da Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores chamamos a secundar a folga xeral contra a LOMCE o vindeiro xoves 9 de Maio.

Toda a comunidade educativa está chamada á folga o día 9 de maio. Aos ataques continuos que vén sufrindo a educación pública en forma de recortes orzamentarios e laborais, o ministro Wert mantén inalterable a súa contrarreforma educativa, a LOMCE, malia ter na súa contra a profesionais, estudantes, familias e agora tamén o ditame emitido polo Consello de Estado.

Ler máis...

Ensino

altHoxe na Coruña unhas 1.000 voces do sindicalismo alternativo (CUT e CGT) e movementos sociais (15M e Stop Desafiuzamentos) saímos á rúa para darlle ao 1 de Maio un verdadeiro carácter reivindicativo.

Para facernos ouvir contra as políticas antisocias e os recortes neoliberais que o monicreque goberno central e a súa delegación en Galicia aplican sen piedade á clase obreira e á cidadanía galega.

Ler máis...

Prensa

A CUT aposta nesta convocatoria pola celebración dun primeiro de maio expansivo, que estenderá a unidade do sindicalismo alternativo por varias cidades galegas.

Compostela, Vigo, A Coruña e Ourense serán as cidades nas que a CUT, da man doutras centrais sindicais de base e de diferentes organizacións da esquerda social sairá á rúa. Concrétase así a expansión dunha data de celebración e loita coa aposta nítida de todo o tecido sindical de base por estender a mobilización nas rúas ás principais cidades do País e ofrecer deste xeito unha alternativa sindical viábel e de proximidade.

Ler máis...

Prensa

Este 1º de Maio, a CUT de Vigo participará na mobilización do sindicalismo alternativo da comarca xunto a CGT, STEG, SF-Intersindical, SXG e Sindicato da Elevación. A manifestación partirá ás 11 da mañá dende a Pza. Fernando Católico.

Baixo o lema "Clase Traballadora, Organízate e Loita", percorreremos as rúas de Vigo, os traballadores e as traballadoras, co convencemento de que xunt@s podemos mudar as tráxicas circunstancias que conlevan a perda de dereitos sociais e laborais.

Ler máis...

Prensa

A CUT participou dunha delegación internacional que visitou a Franxa de Gaza (Palestina).

No ámbito da representación sindical, tamén estiveron presentes os sindicatos LAB de Euskal Herria e IAC de Catalunya. A nosa organización estivo representada polo compañeiro Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.

Ler máis...

Internacional

Este pasado 1 de Maio a asemblea de Compostela da nosa central sindical viviu unha nova xornada de mobilización e convivencia en chave alternativa e combativa.

Pouco máis tarde das 12:30, xunto ás compañeiras de CNT, Asemblea Aberta e Asembleas de Estudantes de Compostela, partía da Praza 8 de marzo a manifestación co lema “Na defensa das nosas vidas. Seguimos na loita”. Foron perto dun milleiro as persoas que acompañaron a nosa marcha, enchendo con multiplicidade de cores as rúas de Compostela, nunha protesta onde fomos sinalando todos os símbolos da opresión que sufrimos neste sistema económico en permanente e agudizada crise.

Ler máis...

Prensa

A CUT estivo nas rúas de Vigo co sindicalismo de clase alternativo.

5000 traballadores e traballadoras deixaron ben claro que contra nós non vai servir o capitalismo, a nosa contestación será contundente. Dende a Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras fixemos un chamamento á loita e á organización como único medio de loitar contra a miseria que pretenden impor dende o capitalismo. A manifestación rematou coa lectura dun manifesto conxunto ao que deu lectura a traballadora da cultura Mónica Camaño.

Accede á galería completa de fotos.

Prensa

CUT, CNT, Asemblea Aberta, Asembleas Abertas de Estudantes e outros colectivos sociais promoven unha xornada na cidade que marque a diferenza.

Co obxectivo de promover un primeiro de maio diferente, callou a unidade de diversos colectivos e centrais sindicais da cidade de Compostela, que queren continuar o éxito da pasada folga xeral convocando unha xornada completa de rebeldía e tamén de lecer. A xornada comezará cunha manifestación que sairá ás 12.30 horas da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño)

Ler máis...

Prensa

A CUT empraza á Xunta e á Administración Central ao seguimento e vixilancia legal do Grupo Pescanova.

Feita pública a intervención xudicial no escándalo Pescanova, coa aceptación polo Xuiz do concurso de acredores voluntario, a CUT esixe publicamente da Xunta de Galicia e do Goberno Central, para que establezan pautas de actuación encamiñadas á a vixilancia e seguimento do proceso, garantindo o cumprimento estricto da lei.

Ler máis...

Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 48

Inicio
Anterior
1